Morredes, se vos non fazer ben

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Morredes, se vos non fazer ben
por Joan Airas


Morredes, se vos non fazer ben,
por min, amig', e non sei que vos i
faça, pero muitas vezes cuid'i
e deste preito vedes que mh aven:
é mi mui grave de vos ben fazer
e mui grav'é de vos leixar morrer

Ben non vos pode de morte guardar
e sei ben que morreredes por mi
se non ouverdes algun ben de mi;
e quant'eu ei en tod'est'a cuidar:
é mi mui grave de vos ben fazer
e mui grav'é de vos leixar morrer

Se vos non fezer ben, por mi amor
vos matará, ben sei que será assi,
mais ben vos jur'e digo vos assi,
se Deus mi leix'én fazer o melhor:
é mi mui grave de vos ben fazer
e mui grav'é de vos leixar morrer

E rog'a Deus, que á end'o poder,
que El me leix'end'o melhor fazer