Nostro Senhor, hajades bon grado

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Nostro Senhor, hajades bon grado
por Dom Dinis


Nostro Senhor, hajades bon grado
por quanto m'hoje mia senhor falou;
e tod'esto foi porque se cuidou
que andava doutra namorado;
     ca sei eu ben que mi non falara
     se de qual ben lh'eu quero cuidara.

Porque mi falou oj'[1] este día,
hajades bon grado, Nostro Senhor;
e tod'esto foi porque mia senhor
cuidou que eu por outra morría;
     ca sei eu ben que mi non falara,
     se de qual ben lh'eu quero cuidara.

Por quanto m'oje falou, haja Deus
bon grado, mais desto non fora ren,
senón porque mia senhor cuidou ben
que doutra eran os desejos meus;
     ca sei eu ben que mi non falara,
     se de qual ben lh'eu quero cuidara.

Ca tal é que ante se matara
ca mi falar se o sol cuidara.

Notas[editar]

  1. Oj, oi, oy por hoje. Usado élos trovadores, ex:
    Non es oi mais fin barats. (Não há hoje senão puro engano.)