O meu amigo novas sabe ja

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
O meu amigo novas sabe ja
por Joan Airas


O meu amigo novas sabe ja
daquestas cortes que s'ora farán;
ricas e nobres dizen que serán,
e meu amigo ben sei que fará
     un cantar en que dirá de mí ben,
     ou o fará, ou ja o feito ten.

Loar-mi-á muito e chamar-mi-á "senhor",
ca muit'ha gran sabor de me loar;
a muitas donas fará gran pesar,
mais el fará, com'é mui trobador,
     un cantar en que dirá de mí ben,
     ou o fará, ou ja o feito ten.

En aquestas cortes que faz el-Rei
loará min e meu bon parecer
e dirá quanto ben poder dizer
de min, amigas, e fará, ben osei,
     un cantar en que dirá de min ben,
     ou o fará ou ja feito ten.

Ca o viron cuidar, e sei eu ben
que non cuidava ja en outra ren.