O voss'amig', ai amiga

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
O voss'amig', ai amiga
por Dom Dinis


O voss'amig', ai amiga,
de que vós muito fiades,
tanto quer'eu que sabiades
que ũa, que Deus maldiga,
     vo-lo ten louqu'e tolheito,
     e moir'end'eu con despeito.

Non hei ren que vos asconda,
nen vos será encoberto,
mais sabede ben por certo
que ũa, que Deus cofonda,
     vo-lo ten louqu'e tolheito
     e moir'end'eu con despeito.

Non sei molher que se pague
de lh'outra o seu amigo
filhar e por én vos digo
que ũa, que Deus estrague,
     vo-lo ten louqu'e tolheito
     e moir'end'eu con despeito.

E faço mui gran dereito,
pois quero vosso proveito.