Os que mui gram pesar virom, assi

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Os que mui gram pesar virom, assi
com'eu vejo da que quero gram bem,
porque sei eu ca morrerom por en,
maravilhado me faço per mi:
       pois todo vejo quanto receei,
       como nom moiro, se de morrer hei?
  
Da mia senhor e do meu coraçom
(porque me Deus já todo faz veer
per quant'eu logo devera morrer),
meravilho-me e faço gram razom:
       pois todo vejo quanto receei,
       como nom moiro, pois a morrer hei?
  
Porque cuidava, se visse um pesar
de quantos vej'ora de mia senhor,
que morreria en polo mẽor,
dereito faç'em me maravilhar:
       pois todo vejo quanto receei,
       como nom moiro, pois a morrer hei?
  
E pois me nom pod'a coita que hei
nem Deus matar, jamais nom morrerei.