Partir quer migo mia madr' oj' aqui

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Partir quer migo mia madr' oj' aqui
por Juião Bolseiro


Partir quer migo mia madr' oj' aqui
quant' á no mundo, outra ren non jaz;
de vós, amig, ' ua parte mi faz
e faz-m' outra de quant' á e de si
e, pois faz esto, manda-m' escolher:
que mi mandades, amigo, fazer?
Partir quer migo, como vos direi:
de vós faz mi[a madr' ]ua parte já
e faz-m' outra de si e de quant' á
e de quantos outros parentes ei;
e, pois faz esto, manda-m' escolher:
que mi mandades, amigo, fazer?
E de qual guisa migo partir quer,
a partiçon, ai meu amigu' , é tal:
ua me faz senon de vós sem al,
outra de si e de quant' al ouver
e, pois faz esto, manda-m' escolher:
que mi mandades, amigo, fazer?
De vós me faz ua parte, ai senhor
e meu amigu' e meu lum' e meu ben,
e faz-m' outra de grand' algo que tem
e pon-me de mais i o seu amor,
e, pois faz esto, manda-m' escolher:
que mi mandades, amigo, fazer?
E, poi-lo ela part' a meu prazer,
en vós quer' eu, meu amigu' , escolher