Pesar mi fez meu amigo

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Pesar mi fez meu amigo
por Dom Dinis


Pesar mi fez meu amigo,
amiga, mais sei eu que nom
cuidou el no seu coraçom
de mi pesar, ca vos digo
que ant'el querria morrer
ca mi sol um pesar fazer.
 
Nom cuidou que mi pesasse
do que fez, ca sei eu mui bem
que do que foi nom fora rem;
por em sei, se em cuidasse,
que ant'el querria morrer
ca mi sol um pesar fazer.
 
Feze-o por encoberta,
ca sei que se fora matar
ante que a mi fazer pesar,
e por esto sõo certa
que ant'el querria morrer
ca mi sol um pesar fazer.
 
Ca de morrer ou de viver
sab'el ca x'é no meu poder.