Por Deus, amiga, pês-vos do gram mal

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Por Deus, amiga, pês-vos do gram mal
por Dom Dinis


Por Deus, amiga, pês-vos do gram mal
que dizend'and'aquel meu desleal,
ca diz de mi e de vós outro tal,
andand'a muitos, que lhi fiz eu bem,
e que vós soubestes tod' este mal,
de que eu nem vós nom soubemos rem.
   
De vos em pesar é mui gram razom,
ca dizend'anda mui gram traiçom
de mim e de vós, se Deus mi perdom,
u se louva de mim que lhi fiz bem,
e que vós soubestes end'a razom,
de que eu nem vós nom soubemos rem.
   
De vos em pesar dereito per é,
ca diz de mim gram mal, per bõa fé,
e de vós, amiga, cada u s'é
falando; ca diz que lhi fiz eu bem
e ca vós soubestes todo com'é,
de que eu nem vós nom soubemos rem.