Por Deus, amigo, quen cuidaría

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Por Deus, amigo, quen cuidaría
por Dom Dinis


Por Deus, amigo, quen cuidaría
que vós nunca houvessedes poder
de tan longo tempo sen mí viver!
e des oimais, par Santa María,
     nunca molher deve, ben vos digo,
     muit'a creer per juras d'amigo.

Dissestes-mi, u vos de min quitastes:
«log'aquí serei con vosco, senhor»,
e jurastes-mi polo meu amor
e des oimais, pois vós perjurastes,
     nunca molher deve, ben vos digo,
     muit'a creer per juras d'amigo.

Jurastes-m'entón muit'aficado
que logo, logo sen outro tardar,
vos queriades pera mí tornar,
e des oimais, ai meu perjurado,
     nunca molher deve, ben vos digo,
     muit'a creer per juras d'amigo,

E assí farei eu, ben vos digo,
por quanto vós passastes comigo.