Por Deus, punhade de veerdes meu

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Por Deus, punhade de veerdes meu
por Dom Dinis


Por Deus, punhade de veerdes meu
amig', amiga, que aqui chegou
e dizede-lhi, pero me foi greu,
o que m'el já muitas vezes rogou:
que lhi faria end'eu o prazer
mais tolhe-m'ende mia madr'o poder.
   
De o veerdes gradecer-vo-lo-ei
ca sabedes quant'há que me serviu,
e dizede-lhi, pero lh'estranhei,
o qu'el me rogou cada que me viu:
que lhi faria end'eu o prazer
mais tolhe-m'ende mia madr'o poder.
   
De o veerdes gram prazer hei i
pois do meu bem desasperad'está;
por end'amiga dizede-lh'assi:
que o que m'el por vezes rogou já,
que lhi faria end'eu o prazer
mais tolhe-m'ende mia madr'o poder.
   
E por aquesto nom hei eu poder
de fazer a mim nem a el prazer.