Por Deus, que vos fez, mia senhor

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Por Deus, que vos fez, mia senhor
por Vasco Fernández Praga de Sandim


Por Deus, que vos fez, mia senhor,
mui bem falar e parecer,
pois a mi nom pode valer
rem contra vós, e que far[ei]?
Que eu conselho nom me sei,
nem atendo de me leixar
esta coita, 'm que m'eu andar
vejo por vós, nunca saber.
  
E de tal coita, mia senhor,
nom é sem guisa d'eu morrer.
Pero nunca mi a Deus perder
leix'ar per vós, per quem a hei,
se vos eu nunca mais amei
de quanto vos devia amar
homem que vivess'em logar
em que vos podesse veer!
  
E se quiserdes, mia senhor,
algũa vez mentes meter
em qual vos Deus quis[o] fazer,
já vos eu sempre gracirei;
ca ũa cousa vos direi:
bem poderedes log'osmar
ca me nom fazedes levar
coita que eu possa sofrer.
  
E mais vos quero, mia senhor,
de mia fazenda já dizer
- [e] vós devedes-mi a creer,
que nunca vos eu mentirei:
vedes, nunca vos poderei
tam muit'em mia coita falar
que vos per rem possa mostrar
quam grave m'é de padecer.