Quant'eu, fremosa mia senhor

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Quant'eu, fremosa mia senhor
por Dom Dinis


Quant'eu, fremosa mia senhor,
de vós receei a veer
muit'er sei que nom hei poder
de m'agora guardar que nom
(vos) veja; mais tal confort'hei
que aquel dia morrerei
e perderei coitas d'amor.
 
E como quer que eu maior
pesar nom podesse veer
do que entom verei, prazer
hei ende, se Deus mi perdom,
porque por morte perderei
aquel dia coita que hei
qual nunca fez Nostro Senhor.
   
E, pero hei tam gram pavor
d'aquel dia grave veer
qual vos sol nom posso dizer,
confort'hei no meu coraçom
porque por morte sairei
aquel dia do mal que hei
peior do que Deus fez peior.