Que estranho que m'é, senhor

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Que estranho que m'é, senhor
por Dom Dinis


Que estranho que m'é, senhor,
e que gram coita d'endurar,
quando cuid'em mi, de nembrar
de quanto mal fui sofredor
des aquel dia que vos vi,
e tod'este mal eu sofri
por vós e polo voss'amor.
 
Ca des aquel tempo, senhor,
que vos vi e oí falar,
nom perdi coitas e pesar
nem mal nom podia maior,
e aquesto passou assi,
e tod'este mal eu sofri
por vós e polo voss'amor.
 
E por em seria, senhor,
gram bem de vos amercear
de mim que hei coita sem par,
de qual vós sodes sabedor
que passou e passa por mi
e tod'este mal eu sofri
por vós e polo voss'amor.