Que mui de grad'eu faría

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Que mui de grad'eu faría
por Joan Airas


Que mui de grad'eu faría
prazer ao meu amigo,
amiga, ben vo-lo digo,
mais logu'en aquele día
     non leixará el, amiga,
     nulh'home a que o non diga.

Faría-lho mui de grado,
porque sei que me deseja,
mais, se guisar u me veja
e lhi fezer seu mandado,
     non leixará el, amiga,
     nulh'home a que o non diga.

Tan coitado por mí anda
que non ha paz nen mesura,
pero se eu, per ventura,
fezer todo quant'el manda,
     non leixará el, amiga,
     nulh'home a que o non diga.

Dizedor é de nemiga
e dirá-o log', amiga.