Se hom'houvesse de morrer

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Se hom'houvesse de morrer
por Roi Fernández de Santiago


Se hom'houvesse de morrer,
senhor, veendo gram pesar
da rem que mais soubess'amar
de quantas Deus quiso fazer,
eu nom podera mais viver:
 u vos forom d'aqui filhar
à força de vós e levar,
e vos nom puid'eu i valer!
  
Nom me soubi conselh'haver
per como podess'endurar
a coit'em que me vi andar,
pola forç'a que vos prender
vi; e quiser'ante sofrer
mort'ũa vez já ca ficar
vivo, por haver a estar
tam grave pesar a veer;
  
e nunca no mundo prazer
des aqui jamais aguardar;
e sempre m'haver a queixar
a Deus por El esto querer.
Mais ũa rem posso creer:
que Deus, que m'esto foi mostrar,
por en me leixa de matar
que haja sempre que doer;
  
e que nunca possa tolher
estes meus olhos de chorar;
e que sempr'haj'a desejar
vós e o vosso parecer
(que nunca mi há d'escaecer),
e no meu mal sempre cuidar;
bem me posso maravilhar
por mi a morte nom aduzer!
  
E nunc'a Deus queira prazer
que nunca El queira mostrar
a nulh'home tanto pesar
quant'Ele poderia sofrer.