Sempr'eu, mia senhor, desejei

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Sempr'eu, mia senhor, desejei
por Dom Dinis


Sempr'eu, mia senhor, desejei,
máis que al, e desejarei
vosso ben que mui servid'hei,
     mais non con asperança
d'haver de vós ben; ca ben sei
que nunca de vós haverei
     senón mal e viltança[1].

Desej'eu mui máis doutra ren
o que mi pequena prol ten,
ca desej'haver vosso ben,
     mais non con asperança
que haja do mal que mi ven
por vós nen galardón por én
     senón mal e viltança.

Desej'eu con mui gran razón
vosso ben, se Deus mi perdón,
mui máis de quantas cousas son,
     mais non con asperança
que sol coid'eno coraçón
haver de vós por galardón
     senón mal e viltança.

Notas[editar]

  1. Viltança: opróbio, confusão