Senhor, aquel que sempre sofre mal

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Senhor, aquel que sempre sofre mal
por Dom Dinis


Senhor, aquel que sempre sofre mal,
mentre mal há nom sabe que é bem,
e o que sofre bem sempr', outro tal
do mal nom pode saber nulha rem,
por em querede, pois que eu, senhor,
por vós fui sempre de mal sofredor,
que algum tempo sabha que é bem.
 
Ca o bem, senhor, nom poss'eu saber
senom per vós, por que eu o mal sei;
desi o mal nom o posso perder
se per vós nom; e poi-lo bem nom hei,
quered'ora, senhor, vel por Deus já
que em vós pôs quanto bem no mund'há,
que o bem sabha, pois que (o) nom sei.
 
Ca se nom souber algũa sazom
o bem por vós, por que eu mal sofri,
nom tenh'eu já i se morte nom,
e vós perdedes mesura em mi;
por em querede, por Deus, que vos deu
tam muito bem, que por vós sabha eu
o bem, senhor, por quanto mal sofri.