Senhor fremosa, vejo-vos queixar

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Senhor fremosa, vejo-vos queixar
por Dom Dinis


Senhor fremosa, vejo-vos queixar
porque vos am', e no meu coraçom
hei mui gram pesar, se Deus mi perdom,
porque vej'end'a vós haver pesar,
e queria-m'em de grado quitar,
mais nom posso forçar o coraçom
 
que mi forçou meu saber e meu sem;
desi meteu-me no vosso poder,
e do pesar que vos eu vej'haver,
par Deus, senhor, a mim pesa muit'em;
e partir-m'ia de vós querer bem
mais tolhe-m'end'o coraçom poder
 
que me forçou de tal guisa, senhor,
que sem nem força, nom hei já de mi;
e do pesar que vós tomades i,
tom'eu pesar que nom posso maior,
e queria nom vos haver amor,
mais o coraçom pode mais ca mi.