Vej'eu, mia filha, quant'é meu cuidar

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Vej'eu, mia filha, quant'é meu cuidar
por Juião Bolseiro


-Vej'eu, mia filha, quant'é meu cuidar,
as barcas novas viír pelo mar
     en que se foi voss'amigo d'aquí.
     -Non vos pes, madre, se Deus vos empar,
     irei veer se ven meu amigu'i.

-Cuid'eu, mia filha, no meu coraçón
das barcas novas que aquelas son
     en que se foi voss'amigo d'aquí.
     -Non vos pes, madre, se Deus vos empar,
     irei veer se ven meu amigu'i.

-Filha fremosa, por vos non mentir,
vej'eu as barcas pelo mar viír
     en que se foi voss'amigo d'aquí.
     -Non vos pes, madre, se Deus vos empar,
     irei veer se ven meu amigu'i.

Non vos pes, madre, quant'eu poder ir,
     irei veer se ven meu amigu'i.