Veeron-me meus amigos dizer

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Veeron-me meus amigos dizer
dũa dona, por que lhi quero ben,
que lhi pesava mui de coraçón,
des i que lh'er pesa de a servir;
dix'eu: «Amigos, ben pode seer,
mais quer lhi pes, quer lhi praza, ja non
me poss'end'eu per nulha ren partir».

E dizen-me, porque me chamo seu,
que lhi pesa e que me quer gran mal;
e mui doado lh'ende pesará,
e, amigos, verdade vos direi;
e, pero que sei que lh'éste mui greu,
quer lhi pes, quer lhi praza, ende ja,
se morto non, nunca me partirei.

E da gran coita que me faz levar
pesar-lh'á end'e de que ando sandeu
por ela, mais sol non cuida de mí,
nen de meu mal, nen de meu grand'afán,
e ben vej'eu que lhi faç'i pesar;
quer lhi pes, quer lhi praza end', assí
seerá ja sen meu grado de pran