Ũa dona, non digu'eu qual

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Ũa dona, non digu'eu qual
por Joan Airas


Ũa dona, non digu'eu qual,
non aguirou hogano mal:
polas oitavas de Natal
ía por sa missa oír,
e houv'un corvo carnaçal,
     e non quis da casa saír.

A dona, mui de coraçón,
oíra sa missa, entón,
e foi por oír o sarmón,
e vedes que lho foi partir:
houve sig'un corv'a carón,
     e non quis da casa sair.

A dona disse: «Que será?»
E i o clerigu'está ja
revestid'e maldizer-mi-á,
se me na igreja non vir.
E diss'o corvo: quá, aca,
     e non quis da casa saír.

Nunca taes agoiros vi,
des aquel día que nací;
com'aquest'ano houv'aquí;
e ela quis provar de s'ir,
e houv'un corvo sobre si,
     e non quis da casa saír.