Ũa pastor ben talhada

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Ũa pastor ben talhada
por Dom Dinis


Ũa pastor ben talhada
cuidava en seu amigo
e estava, ben vos digo,
per quant'eu vi, mui coitada,
e diss': «Oimais non é nada
de fiar per namorado
nunca molher namorada,
pois que mi o meu ha errado».

Ela tragía na mão
un papagai mui fremoso,
cantando mui saboroso,
ca entrava o verão,
e diss': «Amigo loução,
que faría per amores,
pois m'errastes tan en vão?»
E caeu antr'ũas flores.

Ũa gran peça do día
jouv'alí, que non falava,
e a vezes acordava,
e a vezes esmorecía,
e diss': «Ai santa María,
que será de min agora?»
E o papagai dizía:
«Ben, por quant'eu sei, senhora».

«Se me queres dar guarida»
diss'a pastor, «di verdade,
papagai, por caridade,
ca morte m'é esta vida».
Diss'el: «Senhor mui comprida
de ben, e non vos queixedes,
ca o que vos ha servida
erged'olho e veé-lo-edes».