A Deus grad'hoje, mia senhor

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
A Deus grad'hoje, mia senhor
por Vasco Fernández Praga de Sandim


A Deus grad'hoje, mia senhor,
porque vos eu posso veer!
Ca nunca eu vira prazer
no mundo já per outra rem.
Quand'haverei eu nunca bem,
se mi o Deus i de vós nom der?
  
Sei-m'eu est', e sei, mia senhor
fremosa, ca deste poder
que mi Deus faz atal haver
(que vos vejo) fará-xe-m'en
perda do corpo e do sem,
u vos eu veer nom poder.
  
Mais, mentr'eu vos veer poder
e poder convosco falar,
por Deus a mim nom querer dar
de vós mais bem, já mi o eu hei
em atanto, e nom rogarei
Deus por mia morte, mia senhor.
  
E se me Deus vosso bem der,
e me non'ar quiser guisar
vosco que me possa durar,
nom mi haverá mester; ca sei
ca log'a rogar haverei
Deus por mia morte, mia senhor.