Ai eu coitado! e quand'acharei quem

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Ai eu coitado! e quand'acharei quem
por Pero Garcia Burgalês


Ai eu coitado! e quand'acharei quem
me dê conselho como possa ir
a um logar u eu querria ir?
E nom posso! Nem ar poss'achar quem
me dê conselho como possa ir
veê'la dona que por meu mal vi,
mais fremosa de quantas donas vi,
  
e por que moiro, querendo-lhe bem;
ca tam fremosa dona nunca fez
Nostro Senhor, de quantas donas fez,
nem tam comprida de tod'outro bem.
Por esta moiro, que Deus a tal fez!
E nom lho disse, se me valha Deus,
ca nom ousei, assi me valha Deus!
  
ca me quis ante mia coita 'ndurar
ca me perder com tam bõa senhor,
a que deu tanto bem Nostro Senhor;
e quero-m'ante mia coita 'ndurar.
Mais rogarei tanto Nostro Senhor:
que El me lev'u a possa veer;
ca muit'há já que nom pude veer
  
nẽum prazer, ca nom fui a logar
u a eu viss', e por aquesto nom
vi nunca mais prazer; nem jamais nom
mi ar veerei, se nom for a logar
u veja ela; ca sei eu que nom
verei prazer e sempr'haverei mal,
se nom vir ela, que vi por meu mal.
  
E, meus amigos, se nom est assi,
nom me dê Deus dela bem, nem de Si!
  
E se nom, leve Deus, u som os seus,
estes meus olhos, que vejam os seus!
  
E se os virem, verram gram prazer,
ca muit'há que nom virom gram prazer!
  
Leve-os Deus cedo, que pod'e val,
u verram ela, que tam muito val!