Ai mia senhor! U nom jaz al

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Ai mia senhor! U nom jaz al
por Nuno Fernandes Torneol


Ai mia senhor! U nom jaz al,
haverei mui ced'a morrer,
pois vosso bem nom poss'haver;
mais direi-vos do que m'é mal:
       de que seredes, mia senhor
       fremosa, de mim pecador!
  
E praz-me, si Deus me perdom,
de morrer, pois ensandeci
por vós, que eu por meu mal vi;
mais pesa-me de coraçom
       de que seredes, mia senhor
       fremosa, de mim pecador!
  
E de morrer m'é mui gram bem,
ca nom poss'eu mais endurar
o mal que mi amor faz levar;
mais pesa-me mais doutra rem
       de que seredes, mia senhor
       fremosa, de mim pecador!