Ai mia senhor e meu lum'e meu bem!

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Ai mia senhor e meu lum'e meu bem!
por Pero Garcia Burgalês


Ai mia senhor e meu lum'e meu bem!,
per bõa fé, verdade vos direi,
e senhor, nunca vos eu mentirei,
ca vos quero mui melhor doutra rem:
nom me dê Deus de vós bem, nem de si,
se nunca tam fremosa dona vi
come vós, e confonda-me por en!
  
E mia senhor e meu lum'e meu bem,
pero que m'eu muitas terras andei,
nunca i tam fremosa dona achei
come vós, per que me muito mal vem;
e fez-vos Deus nacer por mal de mi,
senhor fremosa, ca per vós perdi
Deus e amigos e esforç'e sem.
  
Ca nunca eu no mundo pud'achar,
des quando me vos Deus fez[o] veer,
dona que me fezess'escaecer
vós, a que Deus no mundo nom fez par;
ca vos fez de todo bem sabedor;
e se nom, Deus nom me dê voss'amor,
nem vosso bem, que me faz desejar!
  
E mal m'ach'eu (que nom querri'achar)
de toda rem, se vo-l'eu vim dizer,
por bem que nunca de vós cuid'haver!
Nen' ar digo por vos prazentear,
mais porque dig'a verdade, senhor:
ca vos vejo parecer mui melhor
das outras donas e melhor falar.
  
E tod'aquesto por mal de mi é,
ca morrerei cedo, per bõa fé,
por vós, ca me vej'en de guis'andar.