Algũa vez dix'eu em meu cantar

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Algũa vez dix'eu em meu cantar
por Martim Moxa


Algũa vez dix'eu em meu cantar
que nom querria viver sem senhor;
e porque m'ora quitei de trobar,
muitos me têm por quite d'amor
e cousecem-me do que fui dizer,
que nom queria sem senhor viver,
com'or'assi me foi d'amor quitar.
  
Já m'eu quisera com meu mal calar,
mais que farei com tanto cousidor?
Haver-lhes-ei mia fazend'a mostrar,
que nom tenham que viv'eu sem amor?
Ca senhor hei que me tem em poder
e que sabe que lhe sei bem querer;
mais eu bem sei ca lhe faç'i pesar.
  
E, se trobar, sei ca lhe pesará,
pois que lhe pesa de lhe querer bem;
e, se m'alguém desamar, prazer-lh'-á
d'oir o mal que me per amor vem,
e ar pesará [a] quem me bem quiser;
por en nom trobo, ca nom m'é mester;
mais que nom am', esto nunca será!
  
E meu trobar, aquesto sei eu já
que nom mi há prol, senom por ũa rem:
per queixar hom'a gram coita que há,
já que lezer semelha que lh'en vem;
mais se mia coit'eu mostrar e disser,
pois i pesar a mia senhor fezer,
coit'haverei que par nom haverá.
  
E de tal coita, enquant'eu poder,
guardar-m'hei sempr'; e o que sem houver,
pois lo souber, nunca m'en cousirá.