Amigas, quando se quitou

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Amigas, quando se quitou
por Estevan Travanca


Amigas, quando se quitou
meu amig'un día d'aquí,
pero mi o eu coitado vi
e m'el ante muito rogou
     que lhi perdoasse, non quix
     e fiz mal, porque o non fiz.

E pavor hei de s'alongar
d'aquí, assí Deus me perdón,
e fará-o con gran razón,
ca me veo ante rogar
     que lhi perdoasse, non quix,
     e fiz mal, porque o non fiz.

Chamava-m'el lume dos seus
olhos e seu ben e seu mal,
poi-lo non fazía por al,
que o fezesse eu por Deus,
     que lhi perdoasse, non quix,
     e fiz mal, porque o non fiz.

E, se o por én perdud'hei,
nunca maior dereito vi,
ca vẽo chorar ante mí
e disse-mi o que vos direi,
     que lhi perdoasse, non quix,
     e fiz mal, porque o non fiz.

E sempre m'én mal acharei,
porque lh'entón non perdoei,
ca, se lh'eu perdoass'alí,
nunca s'el partira d'aquí;
     que lhi perdoasse, non quix,
     e fiz mal, porque o non fiz.