Amigo, quando me levou

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Amigo, quando me levou
por Joan Airas


Amigo, quando me levou
mia madr', a meu pesar, d'aquí,
non soubestes novas de mí
e por maravilha tenho,
por non saberdes quando vou,
nen saberdes quando venho.

Pero que vos chamades meu,
amigo, non soubestes ren,
quando me levaron d'aquén,
e maravilho-me ende,
por non saberdes quando m'eu
venh'ou quando vou d'aquende.

Catei por vós, quand'a partir
m'houve d'aquí, e pero non
vos vi, nen veestes entón,
e mui queixosa vos ando,
por non saberdes quando m'ir
quer'ou se verrei ja-quando.

E por amigo non tenho
o que non sabe quando vou,
nen sabe quando me venho.