Amigo, queixum'havedes

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Amigo, queixum'havedes
por Joán Soares Coelho


Amigo, queixum'havedes
de mí, que non falo vosco,
e, quant'eu de vós conhosco,
nulha parte non sabedes
     de quan muito mal, amigo,
     sofro, se falardes migo,

nen de com'ameaçada
fui un día pola ida
que a vós fui e ferida;
non sabedes vós en nada
     de quan muito mal, amigo,
     sofro, se falardes migo.

Des que souberdes mandado
do mal muit'e mui sobejo
que mi fazen, se vos vejo,
entón mi haveredes grado
     de quan muito mal, amigo,
     sofro, se falardes migo,

e pero, se vós quiserdes
que vos fal'e que vos veja,
sol non cuidedes que seja,
se vós ante non souberdes
     de quan muito mal, amigo,
     sofro, se falardes migo.