Amigo, queredes-vos ir?

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Amigo, queredes-vos ir?
por Dom Dinis


– Amigo, queredes-vos ir?
– Si, mia senhor, ca nom poss'al
fazer ca seria meu mal
e vosso; por end'a partir
mi convem daqueste logar.
– Mais que gram coita d'endurar
mi será, pois m'é sem vós vir!
 
Amigu', e de mim que será?
– Bem, senhor bõa, e de prez;
e pois m'eu for daquesta vez
o vosso mui bem se passará,
mais morte m'é de m'alongar
de vós e ir-m'alhur morar.
– Mais, pois é vós ũa vez já!
 
Amigu', eu sem vós morrerei.
– Nom o querrá Deus esso, senhor,
mais pois u vós fordes nom for
o que morrerá eu serei;
mais quer'eu ant'o meu passar
ca_assi do voss'aventurar,
ca eu sem vós de morrer hei!
 
Queredes-m', amigo, matar?
– Nom, mia senhor, mais por guardar
vós mato-mi, que m'o busquei.