Amigo fals'e desleal

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Amigo fals'e desleal
por Dom Dinis


Amigo fals'e desleal,
que prol há de vos trabalhar
d' em a ma mercee cobrar,
ca tanto o trouxestes mal
que nom hei de vos bem fazer
pero m'eu quisesse poder.
   
Vós trouxestes o preit'assi
come quem nom é sabedor
de bem nem de prez nem d'amor,
e porem creede per mi
que nom hei de vos bem fazer
pero m'eu quisesse poder.
   
(Vós) caestes em tal cajom
que sol conselho nom vos sei,
ca já vos eu desemparei
em guisa, se Deus mi pardom,
que nom hei de vos bem fazer
pero m'eu quisesse poder.