Amigos, non poss'eu negar

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Amigos, non poss'eu negar
por João Garcia de Guilhade


Amigos, non poss'eu negar
a gran coita que d'amor hei,
ca me vejo sandeu andar,
e con sandece o direi:
     Os olhos verdes que eu vi
     me fazen ora andar assí.

Pero quen-quer x'entenderá
aquestes olhos quaes son;
e dest'alguén se queixará;
mais eu, ja quer moira, quer non:
     Os olhos verdes que eu vi
     me fazen ora andar assí.

Pero non devia a perder
home, que ja o sén non ha,
de con sandece ren dizer;
e con sandece digu'eu ja:
     Os olhos verdes que eu vi
     me fazen ora andar assí.