Amor, a ti me venh'ora queixar

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Amor, a ti me venh'ora queixar
por Fernando Esquío


Amor, a ti me venh'ora queixar
de mia senhor, que te faz enviar
cada u dormio sempre m'espertar
e faz-me de gran coita sofredor.
Pois m'ela non quer veer nen falar,
     que me queres, Amor?

Este queixume te venh'or dizer:
que me non queiras meu sono tolher
pola fremosa do bon parecer
que de matar home sempr'ha sabor.
Pois m'ela nẽún ben quiso fazer,
     que me queres, Amor?

Amor, castiga-te desto, por én
que me non tolhas meu sono por quen
me quis matar e me teve en desden
e de mia morte será pecador.
Pois m'ela nunca quiso fazer ben,
     que me queres, Amor?

Amor, castiga-te desto, por tal
que me non tolhas meu sono por qual
me non faz ben e sol me faz gran mal
e mi o fará, desto son julgador.
Poi-lo seu ben cedo coita mi val,
     que me queres, Amor?