Amor, de vós ben me posso loar

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Amor, de vós ben me posso loar
por Martim Moxa


Amor, de vós ben me posso loar
de qual senhor mi fazedes amar;
mais dũa cousa me devo queixar,
quant'é meu sén:
     u mesura nen mercee non fal
     nen outro ben,
     mesur'a mí nen mercee non val
     nen outra ren.

Gradesco-vos que mi destes senhor
fermosa e de todo ben sabedor;
mais, pois mi a destes, pese-vos, Amor,
do que mi avén:
     u mesura nen mercee non fal
     nen outro ben,
     mesur'a mí nen mercee non val
     nen outra ren.

Am'eu e trob'e servi', a máis poder,
aquesta dona por seu ben haver;
mais, quando lh'a coita venho dizer
en que me ten,
     u mesura nen mercee non fal
     nen outro ben,
     mesur'a mí nen mercee non val
     nen outra ren.