Amor, non qued'eu amando

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Amor, non qued'eu amando
por Martim Moxa


Amor, non qued'eu amando,
nen quedo d'andar punhando
como podesse fazer
per que vossa graça'houvesse,
ou a mia senhor prouguesse;
mais, pero faç'a poder,
     contra mia desaventura
     non val amar nen servir,
     nen val razón nen mesura,
     nen val calar nen pedir.

Am'e sirvo quanto posso
e praz-me de seer vosso;
e sol que a mia senhor
non pesasse meu serviço,
Deus non me dess'outro viço;
mais, fazend'hei o melhor,
     contra mia desaventura
     non val amar nen servir,
     nen val razón nen mesura,
     nen val calar nen pedir.

Que-quer que mi a min gracido
fosse de quant'hei servido,
que mi a min nada non val,
mia coita viço sería,
ca servind'atendería
gran ben; mais, est'é meu mal,
     contra mia desaventura
     non val amar nen servir,
     nen val razón nen mesura,
     nen val calar nen pedir.

Porque sol dizer a gente
do que ama lealmente:
"se s'én non que enfadar,
na cima gualardón prende",
am'eu e sirvo por ende;
mais, vedes ond'hei pesar,
     contra mia desaventura
     non val amar nen servir,
     nen val razón nen mesura,
     nen val calar nen pedir.

Mais pois me Deus deu ventura
d'en tan bon logar servir,
atender quero mesura
ca me non ha de falir.