Amor fez a mim amar

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Amor fez a mim amar
por Dom Dinis


Amor fez a mim amar
gram temp'há unha molher
que meu mal quis sempr' e quer,
e me quis e quer matar;
e bem o pod'acabar
pois end'o poder houver.
Mais Deus, que sab'a sobeja
coita que m'ela dá, veja
como vivo tam coitado;
El mi ponha i recado.
 
Tal molher mi fez Amor
amar, que bem des entom
nom mi deu se coita nom,
e do mal sempr'o peior.
Por end'a Nostro Senhor
rogu'eu mui de coraçom
que El m'ajud'em_a tam forte
coita que par m'é de morte,
e ao gram mal sobejo
com que m'hoj'eu morrer vejo.

A mim fez gram bem querer
Amor ũa molher tal
que sempre quis o meu mal
e a que praz d'eu morrer.
E, pois que o quer fazer,
nom poss'eu fazer i al;
mais Deus, que sab'o gram torto
que mi tem, mi dê conorto
a este mal sem mesura
que tanto comigo dura.

Amor fez a mim gram bem
querer tal molher ond'hei
sempre mal e haverei;
ca em tal coita me tem
que nom hei força nem sem;
por em rogu'e rogarei
a Deus, que sabe que vivo
em tal mal e tam esquivo,
que mi queira dar guarida
de mort', ou dê melhor vida.