As graves coitas, a quen as Deus dar

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
As graves coitas, a quen as Deus dar
por Joán Soares Coelho


As graves coitas, a quen as Deus dar
quer e o mal d'amor, gran ben faría
se lhe desse (pero non lhe daría)
con quen ousasse en sas coitas falar,
en tal guisa que lho non entendesse
con quen o falasse, e que se doesse
del; mais non sei de Deus se podería.

Pero sei ben, aquant'é meu coidar,
a quen esto desse, ca lhe daría
máis longa vida, e que lh'i faría
daquelas coitas haver máis vagar.
E non sei al per que sén non perdesse
quen máis houvesse, e cedo non morresse;
e per esto cuido que vivería.

Destas coitas eu podía falar
come quen as padece cada día;
mais non é tempo ja, nen me valría.
Mais guarde-se quen se poder guardar,
e non s'esforce en senhor que prendesse,
a melhor, nen que melhor parecesse
deste mundo, ca peor lh'i faría.

En tan grave día senhor filhei
a que nunca "senhor" chamar ousei.

De esta coita nunca eu vi maior:
morrer, e non lh'ousar dizer "senhor".

Ca, de pran, moiro, querendo-lhe ben,
pero non lh'ous'én dizer nulha ren.

Ca dizé-lo cuidei ou a morrer,
e pois-la vi non lh'ousei ren dizer,

ca por máis mia prol tenho de morrer!