Assí me traj'ora coitad'Amor

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Assí me traj'ora coitad'Amor
por Nuno Fernández


Assí me traj'ora coitad'Amor
que nunca lh'home vi trager tan mal;
e vivo con el ũa vida tal
que ja mia morte sería melhor.
     Nostro Senhor, non me leixes viver,
     se estas coitas non hei a perder!

E pera qual terra lh'eu fugirei,
logu'el saberá mandado de mí,
alí u for; e pois me tever i
en sa prisón, sempr'eu esto direi:
     Nostro Senhor, non me leixes viver,
     se estas coitas non hei a perder!

E a min faz hoj'el maior pesar
de quantos outros seus vassalos son;
e a este mal non lh'hei defensón:
u me ten en poder, quer-me matar.
     Nostro Senhor, non me leixes viver,
     se estas coitas non hei a perder!