Bailad'hoj', ai filha, que prazer vejades

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Bailad'hoj', ai filha, que prazer vejades
por Airas Nunes


-Bailad'hoj', ai filha, que prazer vejades,
ant'o voss'amigo, que vós muit'amades.
-Bailarei eu, madre, pois mi o vós mandades,
mais pero entendo de vós ũa ren:
de viver el pouco muito vos pagades,
pois me vós mandades que baile ant'el ben.

-Rogo-vos, ai filha, por Deus, que bailedes
ant'o voss'amigo, que ben parecedes.
-Bailarei eu, madre, pois mi o vós dizedes,
mais pero entendo de vós ũa ren:
de viver el pouco gran sabor havedes
pois que me mandades que baile ant'el ben.

-Por Deus, ai mia filha, fazed'a bailada
ant'o voss'amigo de so a milgranada.
-Bailarei eu, madre, daquesta vegada,
mais pero entendo de vós ũa ren:
de viver el pouco sodes mui pagada,
pois me vós mandades que baile ant'el ben.

-Bailade hoj', ai filha, por santa María
ant'o voss'amigo que vos ben quería.
-Bailarei eu, madre, por vós toda vía,
mais pero entendo de vós ũa ren:
de viver el pouco tomades perfía,
pois que me mandades que bail'ant'el ben.