Cada que ven o meu amig'aquí

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cada que ven o meu amig'aquí
por João Garcia de Guilhade


Cada que ven o meu amig'aquí
diz-m', ai amigas, que perde o sén
por mí e diz que morre por meu ben,
mais eu ben cuido que non ést'assí,
     ca nunca lh'eu vejo morte prender
     nen o ar vejo nunca ensandecer.

El chora muito e filha-s'a jurar
que é sandeu e quer-me fazer fis,
que por mí morr'e, pois morrer non quis,
mui ben sei eu que ha ele vagar,
     ca nunca lh'eu vejo morte prender
     nen o ar vejo nunca ensandecer.

Ora vejamos o que nos dirá,
pois veer viv'e pois sandeu non for;
ar direi-lh'eu: «Non morrestes d'amor?»
mais ben se quite de meu preito ja,
     ca nunca lh'eu vejo morte prender
     nen o ar vejo nunca ensandecer.

E ja máis nunca mi fará creer
que por mí morre, ergo se morrer.