Cativo, mal conselhado!

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cativo, mal conselhado!
por Martim Moxa


Cativo, mal conselhado!
Que me non sei conselhar,
e sempre viv'en cuidado,
pero non posso cuidar
cousa que me proe tenha
contra que m'en coita ten:
ante, cuid'eu que me venha
peor do que m'or'avén.

Cuid'est', e cuido guisado,
ca me quis Deus aguisar
que sempr'amei desamado,
e faz-me senhor amar
tan de prez, e que parece
tan ben que, per parecer
e per prez, outre merece
que a possa merecer.

Mais non am'eu per meu grado,
nen ar cuid'a gradoar
d'Amor, que me ten forçado;
pero quero-m'esforçar,
con sén e con lealdade,
d'amar e seer leal;
e senhor tan sen maldade,
non me fará sempre mal.

Ca sempr'eu serei pagado
de quanto s'ela pagar
e de fazer seu mandado,
se m'ela quiser mandar,
como se me ben fezesse,
assí como me mal faz,
ou lh'o meu amor prouguesse,
assí como lhe despraz.