Chegou-m'amiga recado

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Chegou-m'amiga recado
por Dom Dinis


Chegou-m'amiga recado
daquel que quero gram bem,
que pois que viu meu mandado
quanto pode viir vem;
e and'eu leda por em
e faço muit'aguisado.
   
El vem por chegar coitado
ca sofre gram mal d'amor;
er anda muit'alongado
d'haver prazer nem sabor
senom ali u eu for,
u é todo seu cuidado.
   
Por quanto mal há levado,
amiga, razom farei
de lhi dar end'algum grado,
pois vem, como lh'eu mandei,
e logu'el será, bem sei,
do mal guarid'e cobrado,
   
E das coitas que lh'eu dei
des que foi meu namorado.