Coitada viv', amigo, porque vos nom vejo

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Coitada viv', amigo, porque vos nom vejo
por Dom Dinis


Coitada viv', amigo, porque vos nom vejo,
e vós vivedes coitad'e com gram desejo
de me veer e mi falar, e por em sejo
sempr'em coita tam forte
que nom m'é senom morte
como quem viv', amigo, em tam gram desejo.
   
Por vos veer, amigo, vivo tam coitada
e vós por me veer que oimais nom é nada
a vida que fazemos; e maravilhada
sõo de como vivo sofrendo tam esquivo
mal, ca mais mi valrria de nom seer nada.
   
Por vos veer, amigo, nom sei quem sofresse
tal coita qual eu sofr'e vós que nom morresse;
e com aquestas coitas eu, que nom nacesse,
nom sei de mim que seja
e da mort'hei enveja
a tod'home ou molher que já morresse.