Coitado vivo máis de quantos son

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Coitado vivo máis de quantos son
por Pedro Amigo de Sevilha


Coitado vivo máis de quantos son
no mund', amigos, e perç'o meu sén
por ũa dona que quero gran ben;
mais pero sei eno meu coraçón
     que non havería coita d'amor,
     se esta dona fosse mia senhor.

Mais esta dona nunca quis que seu
fosse, mais dizen aquestes que han
senhores, que logo xi morrerán
por elas, mais de min ja ben sei eu
     que non havería coita d'amor,
     se esta dona fosse mia senhor.

Mais non o éste, pois quis Deus assí
que por seu nunca me quis receber,
se, meus amigos, podess'eu põer
que fosse seu, sei ja mui ben per min
     que non havería coita d'amor,
     se esta dona fosse mia senhor.