Com'avẽeo a Merlín de morrer

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Com'avẽeo a Merlín de morrer
por Estevan da Guarda


Com'avẽeo a Merlín de morrer
per seu gran saber, que el foi mostrar
a tal molher, que o soub'enganar,
per essa guisa se foi cofonder
Martín Vaásquez, per quanto lh'eu oí
que o ten mort'ũa molher assí,
a que mostrou por seu mal seu saber.

E tal coita diz que lhe faz sofrer
no coraçón, que se quer afogar,
nen er pode, u a non vir, durar
e, u torna d'i, o faz esmorecer;
e, per saber que lh'el mostrou, o ten
tan coitado, que a morrer convén
de mort'estrãia, que ha padecer.

E, o que lh'é máis grave de temer,
per aquelo que lh'el foi ensinar,
diz que sabe que o pod'ensarrar
en tal logar u convén d'atender
atal morte de qual morreu Merlín,
u dará vozes, fazendo sa fin,
ca non pod'el tal mort'estraecer.