Como vós sodes, mia senhor

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Como vós sodes, mia senhor
por Vasco Fernández Praga de Sandim


Como vós sodes, mia senhor,
mui quite de me bem fazer,
assi m'ar quit'eu de querer
al bem, enquant'eu vivo for,
senom vós. E sei ũa rem:
se me vós nom fazedes bem,
nem eu nom vos faço prazer.

E per bõa fé, mia senhor,
por quite me tenh'eu d'haver
vosso bem, enquant'eu viver,
nem al em que haja sabor.
Mais vós em preito sodes en,
ca me vos nom quit'eu por en
de vosso vassalo seer.

E quant'eu prendo, mia senhor,
de vós, quero-vo-lo dizer:
hei mui gram coita de sofrer,
ca nom prendo de vós melhor.
E pois mi assi de vós avém,
home seria eu de mal sem,
se nom punhass'em vos veer.