Con coitas d'amor, se Deus mi perdón

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Con coitas d'amor, se Deus mi perdón
por Joán Airas


Con coitas d'amor, se Deus mi perdón,
trob', e dizen que meus cantares non
valen ren, porque atán muitos son;
     mais muitas coitas mi os fazen fazer,
     e tantas coitas, quantas de sofrer
     hei, non as posso en un cantar dizer.

Muitas hei, hei cuidad'e sen mi fal;
e faço muito cantares, en tal
que perca coitas, e dizen-mi mal;
     mais muitas coitas mi os fazen fazer,
     e tantas coitas, quantas de sofrer
     hei, non as posso en un cantar dizer.

En muitos cantares tenho que ben
posso dizer mias coitas, e por én
dizen-mi ora que faço i mal sén;
     mais muitas coitas mi os fazen fazer,
     e tantas coitas, quantas de sofrer
     hei, non as posso en un cantar dizer.

Ca, se cuidar i ja mentre viver,
ben cuido que as non possa dizer.