Conhocedes a donzela

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Conhocedes a donzela
por Afonso Sanches


Conhocedes a donzela
por que trobei, que havía
nome Dona Biringela?
Vedes camanha perfía
e cousa tan desguisada:
des que ora foi casada,
chaman-lhe Dona María.

D'al and'ora máis nojado,
se Deus me de mal defenda:
estand'ora segurado
un, que maa morte prenda
e o Demo cedo tome,
quis-la chamar per seu nome
e chamou-lhe Dona Ousenda.

Pero se ten por fremosa
máis que s'ela, por Deus, pode,
pola Virgen gloriosa,
un home que fede a bode
e cedo seja na forca,
estand'a cerrar-lhe a boca,
chamou-lhe Dona Gondrode.

E par Deus, o poderoso,
que fez esta senhor minha,
d'al and'ora máis nojoso:
do demo dũa meninha,
que aquel homen de Çamora,
u lhe quis chamar senhora,
chamou-lhe Dona Gontinha.