Da mia senhor, que tam mal dia vi

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Da mia senhor, que tam mal dia vi
por Joán Soares Coelho


Da mia senhor, que tam mal dia vi,
como Deus sabe, mais nom direi en
ora daquesto, ca me nom convém:
nem me dê Deus bem dela, nem de si,
       se hoj'eu mais de bem querri'haver:
       de saber o mal (e de me teer
  
por seu) que mi faz; ca doo de mi
haveria e saberia bem
qual é gram coita ou quem perd'o sem.
E nom me valha per quen'o perdi,
       se hoj'eu mais de bem querri'haver:
       de saber o mal (e de me teer
  
por seu) que me faz; que tam pret'está
de mi mia morte, como veerám
muitos que pois mia coita creerám.
E pero nom me valha quem mi a dá,
       se hoj'eu mais de bem querri'haver:
       de saber o mal (e de me teer
  
por seu) que me faz; e non'o saber
nunca per mi, nem pelo eu dizer!